Friday 19 de April de 2024

Anxos Castro presentará na Pobra a súa estrea literaria


As presentacións literarias proseguen na Pobra do Caramiñal co poemario Conversas comigo mesma & Emociones arrítmicas, de Anxos Castro Parada.

A escritora dará a coñece-la súa obra ás 20.00 horas do día 3 de febreiro, no Auditorio do Museo Valle-Inclán. Se ben este é o seu primeiro libro, xa ten experiencia na participación de certames con poemas que resultaron seleccionados e formaron parte de antoloxías.

No acto estará arroupada pola concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE); de María Regos, do grupo Lumieira; e do tamén escritor Xulio Gutiérrez.

A entrada é libre ata completa-la cabida.